Art. 14: Recursos económicos.
O partido poderá adquirir, administrar e enaxenar os bens e dereitos que
resulten necesarios para o cumprimento dos seus fins. Os recursos económicos do
partido están constituídos por:
- As cotas e aportacións dos seus afiliados.
- Os rendementos do seu propio patrimonio.
- As herdanzas, legados ou doacións que reciban.
- Outros ingresos que reciban de conformidade co disposto na Lei
Orgánica 8/2007, de 4 de xullo, sobre finanzamento de partidos políticos. - As actividades de investigación e documentación desenvoltas para terceiros,
como se desprende dos principios de documentación e financiación.
Art.15: Patrimonio.
O patrimonio fundacional é materialmente inexistente, reducíndose as ideas,
bondades e capacidades dos socios fundadores.
Art. 16: Procedemento de rendición de contas. Administración, fiscalización
e control.
A administración, fiscalización e control do réxime económico e patrimonial farase con
cordo as seguintes normas:
- Elaborará os orzamentos a Comisión de Economía o, se falta, a Comisión Directiva.
- O exercicio económico coincidirá co exercicio fiscal.
- Os orzamentos aprobáranse na Reunión Anual da Asemblea
Nacional. - Deberase prever un sistema de control interno que garante a adecuada
intervención e control contable de todos os actos e documentos dos que se
deriven dereitos e obrigas de contido económico, conforme a estes
estatutos.
Art.17: Réxime documental. Obrigas contables.
O partido levará, tamén do Libro de Afiliados, os Libros de Actas,
de Contabilidade, de Contas, e de Inventarios e Balances que fixará
regulamentariamente e permitirá coñecer en todo momento a situación económica.
Comentarios
hace 39 semanas 4 días
hace 40 semanas 4 horas
hace 40 semanas 23 horas
hace 40 semanas 1 día
hace 40 semanas 1 día
hace 40 semanas 1 día
hace 40 semanas 1 día
hace 40 semanas 5 días
hace 40 semanas 6 días
hace 40 semanas 6 días