CAPITULO TERCEIRO. ORGANOS DE REPRESENTACION, GOBERNO E ADMINISTRACION.

Art.10: Organos do partido.

A AVE constitue-se para o servizo de tódolos cidadáns, en especial dos seus afiliados. Nos seus fins establecen-se regras para garantir os dereitos democráticos dos membros. A estructura e funcionamento interno da AVE respectarán escrupulosamente os devanditos principios, asi coma o ordenamento xurídico vixente.

Os órganos do partido estenden-se en tres niveis: No territorial constituen-se as Asembleas correspondentes:

1. Asemblea Nacional: Tódolos membros pertencen a esta Asemblea.

2. Asembleas Autonómicas: Haberá unha para cada Comunidade Autónoma e as Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla e cada membro pertencerá e só poderá pertencer a aquela correspondente á autonomía na que poida votar legalmente.

3. Asembleas Locais: Unha para cada municipio con poboación igual ou superior a 100 residentes no que se elixan concelleiros e existan afiliados. Cada membro pertencerá e só poderá pertencer a aquela correspondente ao municipio no que poida votar legalmente.

No nivel temporal constituiran-se:

4. Comisións de Votación: Cada proposta que se someta a votación, en calquera das cámaras territoriais que teñan representación da AVE, terá a súa propia Comisión de Votación, cun Titular responsable e sendos Vocais, para representar as opcións a favor e en contra, que serán elixidos democraticamente, entre os membros que se presenten como candidatos, por tódolos membros da Asemblea territorial correspondente, en sufraxio libre e secreto. Estas comisións serán temporais, formarán-se coa proposta de votación e disolverán-se coa súa realización.

No nivel transversal constituiran-se por Comisións Colexiadas, contando polo menos con:

5. Comisión Directiva: Terá carácter executivo, ostentará a representación legal do partido e actuará nos casos nos que non está previsto o procedemento ou, non sexa posible a súa praxe. Estará formada polo menos por: Presidente , Secretario e Tesoureiro, que serán elixidos democraticamente, entre os membros que se presenten como candidatos, por tódolos membros da Asemblea Nacional en sufraxio libre e secreto. Tamén formarán parte desta Comisión os Titulares de tódalas Comisións Permanentes da AVE. Ademais podrán nomearse até dous Vocais para auxiliar a esta Comisión no desempeño das súas funcións.

Art. 11: Asemblea Nacional.

A Asemblea Nacional é o órgano supremo e está formada por tódolos membros e coordinada pola Presidencia, poderá actuar directamente ou por compromisarios.

Dado o carácter virtual da AVE considera-se que está en reunión permanente, así como o resto das Asembleas e Comisións. Cada ano, na data determinada con anticipación de 15 días e durante unha semana, a Comisión Directiva convocará a tódolos afiliados ao equivalente a un congreso xeral ordinario onde se presentarán, debaterán e votarán os pontos que consten na súa convocatoria e que incluirán a renovación de tódalas comisións permanentes da AVE. Tódolos acordos adoptarán-se por maiorí¬a simple e tódolos membros terán votos equivalentes e indelegables.

A instancias de calqueira das Comisións ou dun 10% dos afiliados se poderá solicitar á Comisión Directiva que convoque o equivalente a un congreso xeral extraordinario para resolver calqueira asunto que non poida esperar á convocatoria anual. Convocará-se nas mesmas condicións e funcionará como un congreso ordinario salvo que constará un único ponto de debate na convocatoria.

O resto das Asembleas Territoriais seguirán o mesmo procedemento que a Asemblea Nacional.

As competencias da Asemblea Nacional son absolutas, igual que as do resto das Asembleas Territoriais no seu propio ámbito, sempre que non sexan contradictorias coas resolucións e acordos da Asemblea Nacional.

A pesares de se considerar a reunión permanente e virtual de tódolos órganos da AVE, as convocatorias de calqueira tipo, sexan ordinarias ou extraordinarias, realizarán-se cun prazo mínimo dunha semana, desenrolarán-se durante un mí¬nimo de 2 dí¬as hábiles e considerará-se o quórum coa participación de a lo menos a metade dos membros convocados.

Art. 12: Outros órganos.

Ademais das Asembleas Territoriais e Temporais, a AVE autoorganizará-se mediante comisións colexiadas. Prevé-se a necesidade de crear a lo menos as comisións de: Afiliados, Organización, Economía , Compromisarios e Investigación.

A Comisión de Afiliados encargará-se das tarefas relativas ás relacións con e entre os membros da AVE.

A Comisión de Organización encargará-se de articular as distintas comisións entre sí e coas Asembleas Territoriais, levando tamén a gestión administrativa e informática. As contratacións de persoal administrativo e técnico serán responsabilidade desta Comisión, aínda que deberán ser referendadas pola Comisión Directiva, cuxo titular será Secretario da Comisión Directiva.

A Comisión de Economía encargará-se da gestión financieira e contable da AVE e o seu Titular será Tesoureiro da Comisión Directiva.

A Comisión de Compromisarios encargará-se do enlace da AVE cos compromisarios, coordinándo-os entre sí e supervisando as súas actuacións.

A Comisión de Investigación estudará e elaborará as propostas de investigación e supervisará a súa realización, publicación, documentación e debate. As contratacións de servizos de investigación e documentación serán responsabilidade desta Comisión, aínda que deberán ser referendadas pola Comisión Directiva.

Cada comisión estará presidida por un Titular, que será o membro da mesma máis votado e que a representará onde proceda, ademais de formar parte da Comisión Directiva; exceptuando as comisións de Economía e Organización, cuxos Titulares ocuparán na Comisión Directiva os cargos de Tesoureiro e Secretario respectivamente. O resto dos membros das comisións serán vocais até un máximo de 8, nun número par decidido polos membros da Asemblea Nacional, e serán elixidos democráticamente, entre os membros que se presenten como candidatos, por tódolos membros da Asemblea Nacional en sufraxio libre e secreto.

Cada comisión poderá aprobar os seus proprios regulamentos, que deberán ser referendados pola Comisión Directiva, onde determinará-se o seu rexime de funcionamento, procedementos de control de compoñentes, etc.

Art.13: Organización Xuvenil e similares.

Establece-se expresamente que non se constituirá unha organización xuvenil, nin baseada en calqueira outro criterio como o sexo, a relixión, etc. porque non se consideran aceptabeis para establecer distincións entre membros.